Revista Casahamlet

laboratorio teatral

Casahamlet, grazas ao patrocinio da Deputación da Coruña, ten publicadas unha serie de revistas de teatro de carácter monográfico con abundante material teórico, dramatúrxico e documental. Un material que se caracteriza por ter unha temática ampla, variedade e rigor das colaboracións, e atención ao teatro galego e universal do momento.
En palabras dos seus promotores:

“Era preciso, ademais, disertar sobre as cuestións […] relativas á situación do teatro, ao seu discurso, tanto social como estético, ao seu obxectivo e funcionalidades. Abrir un foro de opinión, de participación, que teña en conta o tempo e o país que compartimos, e que se abra ás máis diversas experiencias oriundas doutros ámbitos humanos e culturais. Dar conta da experiencia propia, pois, e dialogar con outras formas e linguaxes. Unha revista de teatro podía ser o cauce dese río.”

(CASAHAMLET, 1999, p. 3)

revistas

 Listado de exemplares publicados:

  • 1999. Nº 1: “Especial Hamlet”.

  • 2000. Nº 2: “Teatro Galego na Coruña”.

  • 2001. Nº 3: “María Casares”.

  • 2002. Nº 4: “Dramaturgos”.

  • 2003. Nº 5: “As paisaxes do drama”.

  • 2004. Nº 6: “Monólogos”.

  • 2005. Nº 7: “A cidade”.

  • 2006. Nº 8: “Teatro Histórico”.

  • 2007. Nº 9: “Amor”.

  • 2008. Nº 10: “Teatro fantástico”.

  • 2009. Nº 11: “O teatro de Xesús Pisón”.

  • 2010. Nº 12: “Personaxes”

  • 2011. Nº 13: “Cunqueiro”.

  • 2012. Nº 14: “Teatro e audiovisual”.

 

Director da revista: Francisco Pillado Mayor (1999-2007), Isaac Ferreira (2008-2012).

Consello de redacción: Santiago Fernández, Manuel Lourenzo, Isaac Ferreira (2003-2007), Xesús Pisón.

Deseño: Miguelanxo Varela.

CASAHAMLET Teatro. Xogo. Interpretación. Voz. Movemento.

Estudio de interpretación teatral na Coruña dende 1998.

 
Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad