Se che interesa o mundo da interpretación e queres descubrir como se dá vida a personaxes de películas, series ou videoxogos a través da voz, este curso é para ti.
Traballaremos con escenas reais, aprenderás técnicas básicas de dobraxe, uso do micrófono e expresión vocal, todo nun ambiente dinámico e creativo.
Este curso 100% práctico é unha oportunidade única para iniciarte no mundo da dobraxe, mellorar a túa comunicación e descubrir todo o que podes facer coa túa voz.
Entrega de material ao finalizar o curso.
Data: do 13 ao 17 de Xullo
Horario: de 10h a 13h
Prezo: 150€
Docente: Daniel Otero
Técnico de imaxe e son: Marcos Eimil
Información e reservas: 661062984 | danielcasahamlet@gmail.com
Durante este curso, exploraremos técnicas básicas de interpretación, xogos escénicos, movemento, improvisación e interpretación adaptados á súa idade e nivel.
Unha experiencia lúdica e formativa onde poderán desenvolver a creatividade, a expresión corporal, o traballo en equipo e, ademais, gañar confianza, mellorar a comunicación e descubrir o pracer do teatro.
Datas: Xullo (do 20 ao 23) ou Agosto (do 17 ao 20)
Horario: de 10h a 12h
Prezo: 80€
Docente: Daniel Otero
Información e reservas: 661062984 | danielcasahamlet@gmail.com
A través de exercicios prácticos, improvisación, traballo corporal e escenas, afondaremos nas ferramentas básicas do actor e actriz, sempre nun ambiente dinámico, creativo e colaborativo.
A atención a cada alumno será personalizada, atendendo aos obxectivos de cada un deles.
Traballaremos: Sensibilización Corporal, Técnica Vocal, Atención e Escoita en escena, Imaxinación, Improvisación e Interpretación.
Datas: Xullo (do 20 ao 23) ou Agosto (do 17 ao 20)
Horario: de 12h a 14h
Prezo: 80€
Docente: Daniel Otero
Información e reservas: 661062984 | danielcasahamlet@gmail.com
Estudio de interpretación teatral na Coruña dende 1998.