A duración dos cursos é de outubro a xuño. As prazas son limitadas.
Día: Sábados
Horario: de 12h a 14h
Grupo entre semana
PROXIMAMENTE
Este curso está dirixido a todos os rapaces e rapazas que estean interesados en indagar nas ferramentas fundamentais do camiño do actor. A atención a cada alumno será personalizada, atendendo aos obxectivos de cada un deles.
Traballaremos: Sensibilización Corporal, Técnica Vocal, Atención e Escoita en escena, Imaxinación, Improvisación e Interpretación.
Non é necesario ter experiencia previa.
Ao finalizar o curso levaremos a escena unha montaxe teatral.
Cuota: 60€/mes
Docente: Daniel Otero
Información e reservas: 661 06 29 84 | danielcasahamlet@gmail.com
Estudio de interpretación teatral na Coruña dende 1998.