Grupo de Adolescentes

cursos

TEATRO

A duración dos cursos é de outubro a xuño. As prazas son limitadas.

GRUPO DE ADOLESCENTES

de 13 a 17 anos

GRUPO A

Día: Sábados

Horario: de 12h a 14h

GRUPO B

Día: Xoves

Horario: de 19:30h a 21:30h

Este curso está dirixido a todos os rapaces e rapazas que estean interesados en indagar nas ferramentas fundamentais do camiño do actor. A atención a cada alumno será personalizada, atendendo aos obxectivos de cada un deles. Non é necesario ter experiencia previa.

Ao longo do curso, traballaremos:
🔹 Técnica vocal.
🔹 Expresión corporal.
🔹 Relaxación e concentración.
🔹 A capacidade de atención e escoita en escena.
🔹 A improvisación e a interpretación teatrais.
🔹 A lectura dramatizada, como primeiro achegamento ao texto teatral.
🔹 A dobraxe, para explorar a interpretación coa voz e o traballo expresivo con imaxe.

O obxectivo final é que cada alumno descubra e potencie as súas capacidades expresivas nun ambiente seguro, lúdico e enriquecedor.

Como peche do curso, levaremos a escena unha montaxe teatral.

Cuota: 60€/mes

Docente: Daniel Otero

Información e reservas: 661 06 29 84 | danielcasahamlet@gmail.com

Casahamlet Teatro. Xogo. Interpretación. Voz. Movemento.

Estudio de interpretación teatral na Coruña dende 1998.