cursos

Cursos de Verán 2025

Aberto o prazo de inscrición para os cursos de Dobraxe e de Teatro deste verán.

PRAZAS LIMITADAS

CURSO DE DOBRAXE

de 9 a 17 anos

Se che interesa o mundo da interpretación e queres descubrir como se dá vida a personaxes de películas, series ou videoxogos a través da voz, este curso é para ti. Traballaremos con escenas reais, aprenderás técnicas básicas de dobraxe, uso do micrófono e expresión vocal, todo nun ambiente dinámico e creativo.

Este curso 100% práctico é unha oportunidade única para iniciarte no mundo da dobraxe, mellorar a túa comunicación e descubrir todo o que podes facer coa túa voz.

Data: do 7 ao 11 de Xullo

Horario: de 10h a 13h

Cuota: 150€

Docente: Daniel Otero

Técnico de imaxe e son: Marcos Eimil

Información e reservas: 661 06 29 84 | danielcasahamlet@gmail.com

TEATRO NENAS E NENOS 

de 7 a 12 anos

Durante este curso, exploraremos técnicas básicas de interpretación, xogos escénicos, movemento e improvisación, adaptados á súa idade e nivel.

Unha experiencia lúdica e formativa onde poderán desenvolver a creatividade, a expresión corporal, o traballo en equipo e, ademais, gañar confianza, mellorar a comunicación e descubrir o pracer do teatro.

Data: do 18 ao 21 de Agosto

Horario: de 10h a 12h

Cuota: 80€

Docente: Daniel Otero

Información e reservas: 661 06 29 84 | danielcasahamlet@gmail.com

TEATRO ADOLESCENTES 

de 13 a 17 anos

A través de exercicios prácticos, improvisación, traballo corporal e escenas, afondaremos nas ferramentas básicas do actor e actriz, sempre nun ambiente dinámico, creativo e colaborativo.

A atención a cada alumno será personalizada, atendendo aos obxectivos de cada un deles.

Traballaremos: Sensibilización Corporal, Técnica Vocal, Atención e Escoita en escena, Imaxinación, Improvisación e Interpretación.

Data: do 18 ao 21 de Agosto

Horario: de 12h a 14h

Cuota: 80€

Docente: Daniel Otero

Información e reservas: 661 06 29 84 | danielcasahamlet@gmail.com

CASAHAMLET Teatro. Xogo. Interpretación. Voz. Movemento.

Estudio de interpretación teatral na Coruña dende 1998.