Actuar ben non é suficiente se non sabes como mostralo.
Este curso intensivo de márketing actoral ensínache a construír unha imaxe profesional sólida e a posicionarte con estratexia dentro da industria audiovisual.
Aprenderás a mellorar o teu book, videobook, selftape, redes sociais e a túa forma de presentarte ante castings, representantes e directores de casting.
Un curso práctico para actores e actrices que queren deixar de improvisar a súa carreira e comezar a moverse con estratexia, claridade e unha marca persoal sólida.
Porque a túa carreira tamén precisa dirección, estratexia e visibilidade.
Converte o teu talento nunha presenza profesional que abra portas.
Data: Venres 26 de Xuño
Horario: de 17h a 21h
Prezo: 80€
Docente: Daniel Otero
Información e reservas: 661062984 | danielcasahamlet@gmail.com
Estudio de interpretación teatral na Coruña dende 1998.