Grupo de Nenas e Nenos

cursos

TEATRO

A duración dos cursos é de outubro a xuño. As prazas son limitadas.

GRUPO DE NENAS E NENOS

de 7 a 12 anos

GRUPO A

Curso 2025-2026

Día: Xoves

Horario: de 17:30h a 19:30h

GRUPO B

Curso 2025-2026

Día: Sábados

Horario: de 10h a 12h

A clave para aprender e medrar é… XOGAR! En Casahamlet partimos do xogo como ferramenta fundamental de aprendizaxe. A través del, desenvolvemos e potenciamos a creatividade, fomentamos a expresión corporal e promovemos a colaboración e participación activa no grupo.

Ao longo do curso, exploraremos:
🔹 A relaxación e a concentración.
🔹 A capacidade de escoita en escena.
🔹 A improvisación e a interpretación teatrais.
🔹 A lectura dramatizada, como primeiro achegamento ao texto teatral.
🔹 A dobraxe, para explorar a interpretación coa voz e o traballo expresivo con imaxe.

O obxectivo final é que cada alumno descubra e potencie as súas capacidades expresivas nun ambiente seguro, lúdico e enriquecedor.

Como peche do curso, os nenos e nenas levarán a escena unha montaxe teatral colectiva, na que poderán amosar todo o aprendido e compartir co público unha experiencia artística única.

Cuota: 60€/mes

Docente: Daniel Otero

Información e reservas: 661062984 | danielcasahamlet@gmail.com

Casahamlet Teatro. Xogo. Interpretación. Voz. Movemento.

Estudio de interpretación teatral na Coruña dende 1998.