Actor, director, investigador e docente en interpretación e didáctica teatral cunha extensa e reputada traxectoria. Licenciado en Arte Dramática, foi fundador do grupo de teatro independente Tespis, así como actor e director en compañías como Teatro Circo, a Escola Dramática Galega, Teatro do Morcego, a Orquesta Sinfónica de Galicia ou a Real Filharmonía de Galicia, entre outras. Foi profesor de Declamación no Conservatorio Superior da Coruña durante doce anos. Tamén ten colaborado en distintos xornais (La Voz de Galicia ou El Ideal Gallego), na radio (SER) ou nas universidades de Santiago de Compostela e da Coruña, coordinando e impartindo numerosos cursos para profesionais sobre teoría e práctica da interpretación.
É un referente na utilización da voz, tendo impartidos múltiples cursos de dicción, oralidade e verso clásico a profesionais de diversos sectores ao longo dos anos.
En cine e televisión ten participado en proxectos como Mareas Vivas, Rías Baixas ou O lápis do carpinteiro.
Destaca tamén o seu importante traballo como actor e director de dobraxe, sendo un dos pioneiros e referentes do sector e contribuíndo ao desenvolvemento e profesionalización da profesión en Galicia. Así mesmo, é un dos socios fundadores do estudio de dobraxe Studio XXI.
Como ensaísta, ten publicadas diversas obras e manuais sobre didáctica da lingua, entre as que destacan Agromar, língua galega (1980), Comentarios literarios (1985), Historia dunha montaxe teatral (1982) ou o manual especializado A voz do actor (2001).
Ao longo da súa traxectoria foi premiado tanto a nivel individual (Premio Literario da Cidade da Coruña, 1982) como polo seu labor en Casahamlet (Premio Otero Pedrayo, 2011).
Actor, dramaturgo, ensaísta, tradutor, docente e director teatral, considerado unha das personalidades máis sobresaíntes do panorama teatral e cultural contemporáneo. É licenciado polo Institut del Teatre de Barcelona e antigo alumno de Pepe Estruch.
O seu labor foi fundamental na consolidación e desenvolvemento do teatro en lingua galega dende a segunda metade do século XX. Foi un dos impulsores do teatro independente en Galicia e fundador de grupos e compañías teatrais como O Facho, Teatro Circo, a Escola Dramática Galega, o Clube de Teatro Elsinor ou a Compañía Luís Seoane.
A súa produción teatral abarca máis de 300 obras, sempre cun forte compromiso coa cultura e identidade galega. Entre as súas obras máis destacadas atópanse Romería ás Covas do Demo (1975), Veladas indecentes (1996), O circo de medianoite (1997), Flores de Dunsinane (2009) ou Suite Artabria (2017). Entre a súa obra ensaística podemos destacar títulos como O teatro galego (1979), Antoloxía do teatro galego (1981), Dicionario do teatro galego (1987) ou o manual Pensar co corpo (2000).
Traduciu ao galego aos grandes do teatro grecolatino, así como a Shakespeare, Goethe, Chejov, Brecht, Yourcenar ou Fassbinder.
Ao longo da súa carreira recibiu numerosos premios e distincións, entre eles o Premio Nacional de Literatura Dramática (1997), o Premio Nacional de Artes Escénicas (2008), o premio Otero Pedrayo (2011), o Artur Carbonell do XVI Festival Internacional de Teatro de Sitges (1983), o Rafael Dieste (1996, 1999), o premio de honra Marisa Soto, o premio ás letras dos Premios da Cultura Galega (2024), e un sinfín de recoñecementos máis. Tamén foi nomeado profesor Honoris Causa pola Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.
No audiovisual ten participado en producións como Mareas Vivas, Elisa e Marcela ou Fariña.
A día de hoxe, o seu legado é unha referencia imprescindible, tanto pola súa obra como polo seu labor de promoción do teatro galego.
Imparte os cursos de teatro para Nenos e Adolescentes.
Actor de teatro, dobraxe e audiovisual. É graduado en Lingua e Literatura Inglesas pola Universidade de Santiago de Compostela e en Arte Dramática polo Estudio de Teatro Casahamlet.
Comeza a súa andaina teatral da man de Santiago Fernández en Casahamlet e de Manuel Lourenzo no grupo Elsinor Teatro. Ten traballado con diversas compañías teatrais e no audiovisual fixo aparicións en produccións como Vivir sin permiso ou El caso Asunta.
Estudio de interpretación teatral na Coruña dende 1998.