«Era preciso, ademais, disertar sobre as cuestións […] relativas á situación do teatro, ao seu discurso, tanto social como estético, ao seu obxectivo e funcionalidades. Abrir un foro de opinión, de participación, que teña en conta o tempo e o país que compartimos, e que se abra ás máis diversas experiencias oriundas doutros ámbitos humanos e culturais. Dar conta da experiencia propia, pois, e dialogar con outras formas e linguaxes. Unha revista de teatro podía ser o cauce dese río.»
(CASAHAMLET, 1999, p. 3)
1999. Nº 1: «Especial Hamlet».
2000. Nº 2: «Teatro Galego na Coruña».
2001. Nº 3: «María Casares».
2002. Nº 4: «Dramaturgos».
2003. Nº 5: «As paisaxes do drama».
2004. Nº 6: «Monólogos».
2005. Nº 7: «A cidade».
2006. Nº 8: «Teatro Histórico».
2007. Nº 9: «Amor».
2008. Nº 10: «Teatro fantástico».
2009. Nº 11: «O teatro de Xesús Pisón».
2010. Nº 12: «Personaxes»
2011. Nº 13: «Cunqueiro».
2012. Nº 14: «Teatro e audiovisual».
Director da revista: Francisco Pillado Mayor (1999-2007), Isaac Ferreira (2008-2012).
Consello de redacción: Santiago Fernández, Manuel Lourenzo, Isaac Ferreira (2003-2007), Xesús Pisón.
Deseño: Miguelanxo Varela.
Estudio de interpretación teatral na Coruña dende 1998.